|
| |
6. A IRMANDADE
A Irmandade Moncho Valcarce é unha asociación legalizada,
impulsada polos que fomos amigos, compañeiros e familiares
de Moncho, aberta a todos os que se identifiquen cos
valores que
el defendía, e coa misión de perpetuar a memoria deste
crego como exemplo de entrega e compromiso
co pobo galego, así como a de difundir o seu pensamento,
expandir o seu significado humano e dignificar e potenciar a súa figura
como persoeiro histórico do agrarismo dende unha perspectiva
nacionalista. Precisamente, por ser Moncho un símbolo do inconformismo
labrego, creamos un "Centro de documentación agrarista" onde se recopila
todo tipo de documentos e bibliografía ao respecto e, sobre todo, o
material relativo ás loitas agrarias nas que Moncho participou
activamente.

Actividades
A
Irmandade institucionalizou unha cea anual como recordo e homenaxe a
Moncho Valcarce aberta á participación de todos os que o desexen.

Nesta cea concédense os Premios Moncho Valcarce pola Defensa da Terra e
pola Promoción da Terra ás persoas ou colectivos que se distinguiran ao
longo do tempo na defensa dos dereitos políticos, sociais e culturais
que nos corresponde como pobo. Os premios consisten nun busto de Moncho
realizado polo artista Salvador Hernández. |
|

|
  |
Mostra-Exposición sobre Moncho Valcarce que percorre o territorio galego
.

|
| |
 |
|
| |
A Irmandade Moncho Valcarce participou o día 26 de novembro do 2006 nos actos que se celebraron en Sobredo, parroquia de Guillarei do
concello de Tui, en memoria dos sucesos ocorridos o 27 de novembro de
1922, nos que houbo un enfrontamento dos veciños coa garda civil para
impedir o embargo de terras por non pagar os foros, e que rematou coa
morte de tres persoas do lugar e feridas varias máis. Un monumento
ergeuse, entón, en conmemoración daqueles feitos, e todos os anos
xúntase a xente ao seu redor para non esquecelos. Invitados polos
organizadores do evento, Confederación Galega de Asociacións Veciñais
e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mán
Común, quen dedicou unha homenaxe a Moncho Valcarce resaltando tamén
o seu agrarismo, os membros da Irmandade alí presentes agradecimos
este xesto á vez que realizamos unha ofrenda floral na memoria dos
chamados mártires de Sobredo.

|
|
| |
|
|
| |
In memoriam
O sacerdote Manuel Espiña (1933-2010) foi Vicepresidente da Irmandade Moncho Valcarce. A súa íntima amizade con este crego, o seu compromiso con Galiza e o galego e a súa activa participación e axuda á Irmandade, fa¡ que a súa memoria permaneza sempre entre os que a conformamos.

O 28 de febreiro de 2011 o Concello da Coruña inaugurou unha rúa dedicada a este sacerdote coa asistencia do alcalde acompañado de varios membros da corporación municipal, das irmás, e de compañeiros/as da Comunidade Cristiá Home Novo. As¡ mesmo contou, tamén, coa presencia de membros da irmandade Moncho Valcarce, militantes do BNG e público en xeral para quen era unha persoa moi querida.

O 11 de marzo de 2011 na sala Luis Seoane da Coruña, ateigada de público, dedicóuselle a Manuel Espiña unha homenaxe organizado pola Comunidade cristiá "Home Novo", da que era a alma mater, e coa que a Irmandade Moncho Valcarce nos solidarizamos plenamente, que contou coa intervención de Celia Castro, Luz Pozo, Felipe Senén, Francisco Pillado, Luis López, Victorino Pérez e Manuel Rivas e coa actuación musical de Mini e Mero e a Coral Polifónica "Follas Novas". O acto pechouse entonando polo público o himno galego.

|
|
|