| |
1. A
SUA VIDA
1.5 Últimos anos
Incómodo para a xerarquía eclesiástica, esta
fixo todo o posible para alonxalo da política enviándoo en
1987 a Salamanca, coa disculpa de realizar un curso teolóxico
na Universidade Pontificia. Este ano sabático foi moi ben
aproveitado por Moncho para reflexionar fondamente sobre a súa
actitude como crego, reflectida no seu traballo de fin de curso
"O compromiso político dun presbítero nunha
realidade concreta: Galiza".
|
|




|
No outono de 1991 empeza a atoparse mal, descúbreselle un cancro irreversible, o seu aspecto cambia drasticamente até caer postrado na cama. Mostra unha entereiza e dignidade pouco comúns fronte ao sofrimento que padecía. Escribe un diario, e recibe a multitude de amigos sempre co humor que lle caracterizaba. Morre o 1 de febreiro de 1993 cando tiña 57 anos de idade. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro da súa cidade natal cuberto coa bandeira nacionalista, ao son do himno galego, despedido cos versos de Bouza Brey e rodeado dos que o quixeron en vida...
|